Publicanse as bases, aprobadas por acordo da xunta directiva do 18 de outubro de 2016, que rexerán a contratación dun Director/a-Xerente e un Técnico en desenvolvemento rural para a xestión do programa Leader Galicia 2014-2020 da Asociación para o desenvolvemenro rural Sil-Bibei-Navea.
As instancias solicitando ser admitidos/as e formar parte do proceso de seleccion están dirixida ó Sr. Presidente da Asociación para o Desenvolvemenro Rural Sil-Bibei-Navea e presentaránse no concello de A Pobra de Trives, Paseo de San Roque, 4- 32780 A Pobra de Trives - Ourense, dentro do prazo de 20 días naturais a contar dende o día 21 de Outubro de 2016 (inclusive), segundo o procedemento descrito nas bases do proceso de selección.
Para consultar as bases podes velas en anexos.
O temario para a proba escrita tamén se pode ver en anexos.
Para máis información consultar a páxina web da Asociación para o desenvolvemenro rural Sil-Bibei-Navea <http://www.gdrsilbibeinavea.com>