R9 - ruta do encoro do vao  

 

>> A ruta máis curta do Centro BTT moi sinxela e apta para todos os niveis que rodea o Encoro do Vao dende o Concello de Vilariño de Conso.

Co encoro do Vao como protagonista, todos os afeccionados á BTT poden gozar dun percorrido variado cuxa única dificultade está no ascenso á aldea de Conso por unha pista de formigón. A senda homologada P.R.G.-118 “Ruta dos Soutos” foi aproveitada en parte para o deseño desta ruta, polo que haberá que prestar atención á presenza de sendeiristas e respectar as normas de circulación. Na aldea de Conso sitúase o Pazo de Conso, exemplo das casas tradicionais galegas de carácter señorial. Desde este punto continúase en dirección á Vesada para cruzar o encoro do Vao pola ponte de Santa Mariña. Nesta encrucillada pódense seguir os sinais da ruta 10 da conexión con Viana do Bolo ou ben regresar a Vilariño de Conso facendo unha última parada obrigada na praia fluvial do río Cenza, moi preto do final da ruta.

Saída Casa do Concello (Vilariño de Conso)
X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´W
altura máxima des. acum. positiva dificultade enlaces
772 244 m tg facil 10
Chegada Casa do Concello (Vilariño de Conso)
X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´W
altura mínima pendente máx. distancia tempo índice IBP
651 21,7 % 7,8 km 1 h 29

 

r8 Grafico

r8 Mapa