R7 - Conexión A Gudiña-Entrecinsa
>> A ruta que conecta os dous núcleos do Centro BTT atravesando o Encoro das Portas.
Agárdalle ao ciclista un percorrido espectacular con certa dificultade técnica debido aos desniveis nalgúns tramos, onde o esforzo será recompensado con algunhas das mellores panorámicas do Parque Natural do Invernadeiro e o encoro das Portas. Tras abandonar o centro urbano da Gudiña, a través da estrada cara a Val da Porca, cóllese unha pista forestal en dirección á Venda do Espiño para posteriormente continuar cara a Carracedo da Serra. Despois de coroar o Alto das Portas recoméndase facer unha pequena paraxe para recuperar forzas e gozar deste miradoiro natural antes de iniciar un espectacular descenso que finaliza na propia base do encoro. Un breve ascenso pola estrada que une A Gudiña con Vilariño de Conso, permite que o ciclista alcance a aldea de Casarellos, final da conexión. Desde aquí, a opción máis recomendada é seguir as indicacións da ruta 8, “Ruta Val do Río Conso” no seu descenso cara a Entrecinsa. Os últimos quilómetros transcorren polo Camiño da Veiga Cibeira, paralelo ao río Conso, ata acadar a Casa do Concello de Vilariño de Conso.
Saída | Casa da Viúva (A Gudiña) X= 42º 03.634´N Y= 007º08.433´W |
altura máxima | des. acum. positiva | dificultade | enlaces | |
1116 | 601 m | ![]() |
8 | |||
Chegada | Casarellos. Entrecinsa (Vilariño de Conso) X= 42ª07.665´N Y= 007º12.335´W |
altura mínima | pendente máx. | distancia | tempo | índice IBP |
777 | 14,4 % | 19,3 km | 2h 30´ h | 68 |