R10 - Conexión Vilariño de Conso-Viana do Bolo

 

>> Ruta que percorre de sur a norte parte do Encoro do Vao para conectar os concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo.

Un percorrido espectacular que comparte os seus primeiros quilómetros coa ruta 9, “Ruta do Encoro do Vao”, pedaleando a través das dúas beiras deste encoro que baña o territorio coñecido como “Terras do Bolo”. Tras cruzar a ponte de Santa Mariña esta ruta continúa en dirección norte ata alcanzar O Lombo e O Campo Vello. En Quintela do Pando pódese visitar a igrexa de Santa Isabel e gozar das panorámicas do Alto da Chavea. Tras atravesar a ponte que une os concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo, existe a posibilidade de conectar a ruta 11 do Centro BTT, “Ruta As Telleiras”, ou ben realizar os últimos quilómetros pola estrada que atravesa a localidade ata chegar á Casa da Cultura onde se localiza o punto de acollida.

Saída   Casa do Concello (Vilariño de Conso) X= 42º09.985´N Y= 007º10.933´W altura máxima des. acum. positiva dificultade enlaces
900 633 m tg dificil 9,11
Chegada   Casa da Cultura (Viana do Bolo) X= 42º10.713´N Y= 007º06.571´ W altura mínima pendente máx. distancia tempo índice IBP
641 23,7% 16 km 1h 40´ h 81

 

r10 Grafico

r10 Mapa