Parque Natural do Invernadeiro

O Invernadeiro é un espazo natural de carácter montañoso situado nos montes de Vilariño de Conso (Ourense), ó sur do macizo central na provincia de Ourense. O Invernadeiro foi declarado parque natural o 5 de xuño de 1997, cunha superficie de 5.722 ha. Está situado entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, e formado polas serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas, que constitúen o Macizo Central Ourensán, con altitudes contorno ós 1.000-1.600 m.

As altas montañas de cumes cubertos de pastos mostran nas súas abas grandes extensións de queirugais que, en chegando ás ribeiras dos ríos, ceden o protagonismo ás fragas e soutos fluviais nos que a vida bule de forma sorprendente. Aquí e alí, escuras e espalladas manchas de piñeiros recordan a que foi a árbore predominantes no pasado. A fauna que ten aquí o seu fogar asombra pola súa riqueza e adaptación ó medio.

O espazo destaca pola súa riqueza faunística, botánica e enorme interese xeomorfolóxico e paisaxístico.

Situación

Área montañosa situada na porción centro-oriental da provincia de Ourense, ao sur do Macizo Central, pertencente á comarca de Viana e lindeira coas de Terra de Trives e Verín. Localidades de referencia: Laza, Verín e Vilariño de Conso.

Superficie

5.722 ha.

Accesos

Pola autovía A-52 ou a estrada N-525 ata Verín. Unha vez alí tomarase a estrada comarcal ata Laza (OU-114), desviando ata Campobecerros. Desde este lugar accédese por unha pista forestal asfaltada ao parque natural, que se encontra a uns 8 km ao norte.

Para entrar, o visitante deberá contar cun permiso que lle estenderá por escrito a Delegación Provincial de Medio Ambiente Natural de Ourense e que se concede a un máximo de 30 persoas por día, para efectuar percorridos a pé por diversas rutas sinalizadas (''Ruta da Aceveda'' e ''Ruta dos Cercados'', na Ribeira Pequena; ''Ruta da Auga'', ''Ruta do Depósito'', ''Ruta das Ortigas'' e ''Ruta das Troitas'', na Ribeira Grande). Non está permitido pasar a noite, salvo autorización expresa.

Infraestruturas

  • Centro de recepción (tel. 988 386376)
  • Aula da Natureza, na Ribeira Grande.
  • Observatorios de fauna (cercado cinexético de ungulados silvestres).
  • A Aula da Natureza conta cun dormitorio individual e dous dormitorios colectivos (con 28 liteiras cada un) destinados a investigadores e estudantes, sala de xogos, laboratorio-biblioteca, aula de proxeccións, enfermaría, comedor e cociña industrial. Dous monitores coordinan as actividades coa axuda de diverso material didáctico.

Máis información

  • Servicio de Conservación da Natureza de Ourense (Rúa do Paseo, 18 5º. Ourense - Tel. 988 386 376 - 988 386 029)
  • Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Dita Asociación nace co fin protexer, difundir, conservar e promocionar as peculiaridades do ancestral Entroido que ten este Concello. Que nin co paso o dos anos, a ditadura franquista, ou a crisis actual a fixeron desaparecer da sociedade das nosas xentes.

Esta composta polos mais xuvenís dos pobos que unimos as nosas forzas para que cada ano coa axuda do Concello podamos levar a cabo esta festa. Tamén nos ocupamos de organizar actividades divulgativas como son os talleres obradoiros de aprendizaxe para construír algún dos instrumentos tradicionais do Entroido, e así que non perda dita tradición.

Despois de catro anos dende o noso inicio somos máis de 200 socios, e levamos a nosa cultura a distintos lugares do pais, pois para nos é un orgullo este legado que os nosos antepasados nos deixaron. Do cal temos dúas tarefas; por un lado, acudimos os máis maiores que son os que nos enriquecen coa súa sabedoría, conservando así a tradición e manténdoa intacta. E por outro, ensinamos os nenos e nenas a valorala e respectala, como un día o fixeron con nos. Eles son o futuro.

Seguiremos loitando polo que nos gusta, por un feito que sentimos admiración e devoción e co apoio de todos vos seguiremos traballando para que non morra nunca o ENTROIDO EN VILARIÑO DE CONSO.

É moi difícil precisar tanto os comezos como os motivos polos que xorde o Entroido en Vilariño de Conso xa que non se atopa documentación nin publicacións que nos dean unha época ou período exacto onde situar os seus comezos. Algúns autores sitúan o comezo destas festas na Idade Media, sinalando que os disfraces teñen claramente un significado na cultura medieval. Outros, sinalan a orixe do entroido na época en que os romanos tendo en conta a forte romanización de Galicia e en particular no Concello .

Pero sen embargo os habitantes desta zona estamos convencidos de o entroido non era máis que rituais pagás que facían os castrexos para despedir o inverno e darlle a benvida a primavera, e con ela a fertilidade dos campos e colleitas, así como a das mulleres, o brotar das flores e dos froitos.

É pois o entroido de Vilariño de Conso un entroido tradicional de celebracións de rituais ancestrais, espectáculos de sons, danzas, foliadas e fariñadas. Todo nun ambiente de sorna e diversión.


 

A Asociación “Xuntos polo Fulión” programou múltiples actividades para promocionar esta celebración no municipio de Vilariño de Conso. A programación iniciase o xoves día 1 até o 14 de Febreiro que rematará co Enterro da Sardiña. Os veciños e veciñas do lugar Conso conmemoran nestes días unha das celebracións máis ancestrais do lugar, este ano declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

O programa prevista para o Entroido 2018 , é o seguinte:

    Xoves de Compadres, 1 de Febreiro

       Celebrarémolo o día 2 de Febreiro; a colga do lardeiro será ás 20:00 horas e despois a cea dos homes nun dos restaurantes de Vilariño.

    Xoves de Comadres, 8 de Febreiro

       Celebrarémolo o día 9 de Febreiro:

Pola maña os nenos e nenas do C.E.I.P. San Martiño subirán a praza do pobo a representar o seu entroido infantil. E farase entrega do premio do Concurso Infantil de carteis.

Ás 20:00 horas, ronda de Fulión polo pobo de Vilariño de Conso e colga da lardeira e despois a cea das mulleres nun dos restaurantes de Vilariño.

    Sábado de Entroido, 10 de Febreiro

A partir das 18:00 horas, ronda de Fulións polas rúas do pobo de Vilariño. Para rematar na carpa que estará habilitada na praza do pobo (instalada para combatir as condicións climatolóxicas adversas que puidesen surxir) poderase degustar o tradicional “Porco ao espeto”.  

       A partir das 22:00 horas terá lugar o Concurso de Disfraces e ao mesmo tempo teremos unha festa animada a cargo da Disco móbil A Gramola.

E non vos esquezades de vir moi guapos para facer una foto divertida no noso PhotoCall do Entroido.

    Domingo Gordo, 26 de Febreiro

En torno as 11:30 horas, lectura do pregón na praza do pobo, deseguido fulións de tódalas parroquias do concello coas súas carrozas percorreran as rúas de Vilariño nun desfile que se prolongará ate a hora de xantar. As carrozas participantes sumaranse ao Concurso de Carrozas, creado co fin de promocionar unha tradición que se esta a perder co paso dos anos.

En torno as 14:30 horas no pavillón polideportivo celébrase a XXIX Festa da Cabrito, verdadeiro referente da gastronomía onde se pode degustar este manxar.

As entradas para a Festa do Cabrito son limitadas, e teñen un prezo de 15€/unidad se é mercada antes do 7 de Febreiro, nos días posteriores o seu prezo ascenerá a 20€.

Pódense mercar de tres maneiras:

  1. As persoas que compoñen a directiva da Asociación "Xuntos polo Fulión".
  2. A través da entidade bancaria ABANCA ingresando o importe no número de conta: ES79 2080 0458 4130 4000 1852. E serán recollidas nun stand que haberá na entrada do pavillón polideportivo ese día ás 14:00 horas.
  3. Nos seguintes puntos de venta:
  • Pensión o Lar  e Deportes Trisport (O Barco de Valdeorras)
  • Carnicería Nogueira (A Rúa)
  • Restaurante Marcolongo, Supermercado Cernamouro, Panadería Guerra e Bar A Ponte (Vilariño de Conso)

Martes de Entroido, 13 de Febreiro

Ás 19:00 horas na praza de Vilariño queima do lardeiro e a lardeira que estiveron colgados na praza durante todo o Entroido, ao son dos bombos e gadañas que se despiden até o vindeiro Entroido.

Mércores de Cinza, 14 de Febreiro

Os días de alegría do Entroido rematan este mércores co Enterro da Sardiña, en torno as 20:00 horas a sardiña recorrerá as rúas de Vilariño para ser incinerada no Toural e deseguido celebrar a tradicional sardiñada.


Deixamos todo o material relevante dispoñibel:

  • Cartel do Entroido [Ver[Descargar]
  • Tríptico informativo Entroido 2018 [Ver] [Descargar]
  • Información sobre a venda entradas [Ver]

 E as bases dos concursos que se realizan durante todo o entroido:


Máis información e contacto:

  • No email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Nos teléfonos: 618 906 833 / 669 844 840

SAF