O Concello de Vilarino de Conso, ten autorizado o establecemento do Punto de Información Catastral (PIC), coa finalildade de dar resposta á crecente demanda de información catastral ós titulares que non dispoñen de medios técnicos apropiados, ofrecendo ó cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual do Catastro.

O PIC do Concello ten un papel intermediador no exercicio do dereito de acceso á información catastral do cidadán, ó cal se lle podrá subministrar tódala súa información actualizada existente na base de datos nacional, mediante a xeración de documentos no que conste a data de expedición máis un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade.

Pode acceder ós seguintes servizos, de xeito totalmente gratuíto:

- Consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.

- Consulta e certificación electrónica para os titulares catatrais dos datos protexidos, relativos ós bens inmobles da súa titularidade. 

O PIC do Concello atende as demandas de información catastral no horario de luns a venres, de 10:00 á 14:00 horas.

 Ligazón recomendada:      Sede Electrónica do Catastro