O Concello de Vilariño de Conso está adherido á plataforma de facturación electrónica (FACE) da Administración Xeral do Estado, polo que é obrigatorio presentar as facturas superiores a 5.000 euros en formato electrónico.

 
Estan obrigados a presentar factura electrónica os provedores que teñan que presentar facturas por importe superior a 5.000 euros, e que revistan algunha das seguintes formas:
  • Sociedades anónimas.
  • Sociedades de responsabilidade limitada.
  • Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española.
  • Establecementos non permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos termos que establece a normativa tributaria.
  • Unións temporais de empresas.
  • Agrupación de interese económico. Agrupación de interese económico europea. Fondo de Pensións. Fondo de capital risco. Fondo de investimentos. Fondo de utilización de activos. Fondo de regularización do mercado hipotecario. Fondo de titulización hipotecaria ou Fondo de garantía de investimentos

 

As solicitudes poderanse presentar:

  • Telematicamente: Imprescindible certificado electrónico recoñecido. Pode facelo en liña a través do Punto xeral de entrada de facturas electrónicas (FACE). É necesario que identifique os códigos da Oficina contable, o Órgano xestor e a Unidade tramitadora á que se dirixan. Tamén pode facelo descargando a aplicación "Xestión de factura electrónica" (dirixida especialmente a PEMES micropemes e autónomos), onde se lle indican os formatos e requisitos técnicos que debe cumprir, esta aplicación permite tamén a xeración previa de facturas electrónicas dunha maneira cómoda e sinxela.
  • Presencial: Exclusivamente para facturas de menos de 5.000 euros no Concello de Vilariño de Conso.