POLÍTICA DE PRIVACIDADE

A web www.vilarinodeconso.es é un dominio de internet de titularidade do Concello de Vilarino de Conso, Rua do Museo 3; 32557 Vilarino de Conso, Tlf.: 988 340302-988340410, Fax.: 988 340269, email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

De conformidade coa vixente Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos, o Concello de Vilarino de Conso informa que na web www.vilarinodeconso.es non se solicitan nin se recollen datos de carácter persoal. Porén, ofrecémoslle a posibilidade de poñerse en contacto con nós a través do correo electrónico, sen que en ningún caso se almacenen os seus datos nun ficheiro organizado.

A efecto do previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os datos de carácter persoal solicitados a través do formulario de "Contacto" serán incluídos nun ficheiro cuxo responsable é o Concello de Vilariño de Conso, con domicilio social en Rúa do Museo, 32557 Vilariño de Conso. A finalidade desta recollida de datos de carácter persoal é xestionar os datos dos contactos dos cidadáns que solicitan informacións ao concello. Con carácter xeral os datos recolleitos non poderán ser cedidos a terceiros salvo nos suposto previstos no artigo 11 da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Poderá dirixir as súas comunicacións e exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición por correo postal, á dirección indicada anteriormente.

O Concello de Vilarino de Conso informa que, cando se empregue o seu enderezo electrónico como medio de comunicación, entenderase que o usuario está prestando o seu consentimento para que o Concello de Vilarino de Conso trate os datos de carácter persoal que lle foran facilitados para presta-lo servizo específico solicitado. O Concello de Vilarino de Conso garante que en ningún caso se empregarán ditos datos con distinta fin.

O Concello de Vilarino de Conso conta con tódolos medios para garanti-la seguridade e protección dos seus sistemas de información e dos datos facilitados polo usuario. Nalgúns casos, pódense utilizar testemuñas que recollan información sobre as preferencias de navegación do usuario. As testemuñas non proporcionan nin o nome do usuario nin ningún outro dato persoal, a menos que se facilitase voluntariamente. O usuario pode configura-lo seu navegador para ser avisado da recepción de testemuñas e para impedi-la instalación das mesmas no seu disco duro.

O uso dos servizos ofrecidos na presente web site por menores de idade ten que ser previamente autorizado polos seus pais, titores ou representantes legais, xa que teñen a consideración de responsables dos actos que realicen os menores ó seu cargo.

Queda prohibida a utilización indebida ou non autorizada da información que contén esta web. O incumprimento desta prohibición así coma os prexuízos que se poidan ocasionar pode dar lugar ó exercicio das accións que legalmente corresponda efectuar e, se procede, á responsabilidade que de dito exercicio se deriven.