Andaina o Invernadoiro ó 16 de Setembro do 2017

O vindeiro 16 de Setembro dende o #CURSO BLOGGERS e o  Concello de Vilariño de Conso estan a organizar a II Andaina o Invernadoiro.

A visita será dun día de duración con saída ás 9 da mañá e regreso ás 19 horas da tarde. O transporte que se utilizará será dun autobús de 50 prazas e realizarase a Ruta da Ortiga.

Cartel Andaina ó InvernadoiroAs rutas de sendeirismo que se realiazarán para coñecer a flora e a fauna do lugar serán guiadas por un monitor do parque natural.

O grupo será como máximo de 50 persoas e hai que se inscribir na casa no Concello. As prazas adxudicaranse según orde de inscirición e con preferencia a aquelas persoas que esten asistindo o #CURSO BLOGGERS. 

O custo da praza para a Visita o Parque Natural do Invernadoiro será de 5€/persoa e entregarase a cada participante avituallamento e un bastón.

O xantar consiste unha comida campestre onde cada un dos/das participantes deberá levar a súa comida.