San Xoán 2017

O Concello de Vilariño de Conso celebrará no día 23 de Xuño a noite meiga do Día de San Xoán cunha andaina pola variante do Encoro da PR-G 118 Ruta dos Soutos. Esta ten unha distancia aproximada de 11 quilómetros e no medio do percorrido ofrecerase avituallamento aos participantes. A andaina comezará as 18:00 horas na praia fluvial.

Ao remate desta, calculase que entorno as 20:30 horas, na praia fluvial celebrarase a tradicional sardiñada do San Xoán. 

Tanto a Andaina como a Sardiñada son actividades abertas a tódolos públicos e o prezo da Andaina será de 2€ e o prezo da Sardiñada de 8€. Rógase previa inscrición no Concello de Vilariño ou no teléfono 988 34 03 02.

 

Animádevos!

 

CartelSanXoan2017 calidad baja2