Reforma na sala de caldeiras no Centro de Saúde

cabecera

No D.O.G. do 30 de decembro de 2015 o Instituto Enerxético de Galicia publicou a Resolución de 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as basesreguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións paraproxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadaspolo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programaoperativo Feder-Galicia 2014-2020.

A sensibilidade especial que para a cidadanía está a ter o uso racional das enerxías e a busca de novas fontes enerxéticas, calou de forma importante no enfoque das administración públicas, que unanimemente están a actuar neste campo, prestando o seu apoio ás iniciativas que sobre aforro e eficiencia enerxética ou enerxías renovables se están a desenvolver na actualidade.

O Inega establece este sistema de subvencións, co obxectivo de fomentar a utilización de fontes de enerxía renovables, máis concretamente fomentar a utilización da biomasa forestal con fins enerxéticos, o que implica toda unha serie de vantaxes tanto sociais coma ambientais, económicas e enerxéticas.

 Non se debe esquecer que a biomasa é unha enerxía renovable cun reducido impacto ambiental que, polo seu carácter de recurso autóctono, favorece, dentro do campo enerxético, a redución de emisións de CO2, o autoabastecemento e a seguridade da subministración a prezos competitivos.

Estas actuacións teñen os seguintes obxectivos:

  • Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores na prioridade de inversión  
  • O fomento da produción e distribución da enerxía derivada de fontes renovables
  • Aumentar a participación e distribución das enerxías renovables para usos térmicos, en particular a biomasa, biogas e biocombustibles para o transporte, en consonancia co Plan de enerxías renovables 2011-2020, referido a medidas de fomento das actividades asociadas ao ciclo de aproveitamento da biomasa térmica.

O financiamento da convocatoria correspondese con fondos comunitarios derivados do programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 %..

O Concello de Vilariño de Conso optou por reformar a sala de caldeiras do edificio no que se atopa o Centro de Saúde, a sala de caldeiras atopábase con unha caldeira de gasóleo de 30KW de potencia térmica.

A obra consistiru fundamentalmente no seguinte:

  • Cambio da caldeira actual por un equipo formado por unha caldeira de biomasa ‘’pellets’’.
  • Acondicionamiento para o almacenamento de pellets mediante silo  textil prefabricado.
  • Acondicionamiento e reforma para adecuar as instalacións da sal de caldeiras para os novos equipos de xeneración de calor mediante pellets.

2016 12 SubvencionCaldeira