Unha unidade móbil do centro de transfusión atenderá aos doantes de sangue o VENRES, 18 de Novembro

O venres 18 de Novembro diante do concello sitúarase unha unidade móbil do Centro de Tranfusión de Galicia. A unidade estará aberta aos veciños e veciñas que queiran doar entre as 11:00 e as 13:30 horas.

Rógase acudir co DNI, a tarxeta de doador ou un documento similar. Se o doante está tomando algún ou tomou algún medicamento recentemente deben anotar o nome nun papel e levar o prospecto. Algúns dos principais requisitos para doar son ter máis de 18 anos e 65 anos ou menos e pesar máis de 50 quilos.

As persoas que acudan a doar non deben facelo sen almorzar. Os homes poden doar un máximo de catro veces ao ano e as mulleres un máximo de 3, deixando pasar entre cada doazón dous meses polo menos.

As unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia foron creadas para facilitar á poboación a participación neste acto solidario, sen que se teñan que trasladar aos centros fixos para a realización de doazón en Galicia, e co o obxectivo e a necesidade de acadar 500 doazóns diarias.

181116 Doar