Xornadas de ocio e diversión en Viana do Bolo

patinaxe viana

 

 

O Concello de Viana levará a cabo actividades de ocio familiar dende o día 28 de outubro ata o 1 de novembro, aproveitando a ponte escolar, para nenos pequenos pero tamén adultos. 

Ademais dunha pista de patinaxe tamen se ofertarán inchables para os nenos, un toro mecánico e simuladores. O lugar será no pavillón municipal e o precio da entrada será de 4 euros.  

O Concello de Vilariño de Conso anima a disfrutar destas actividades ofertando 50 entradas limitadas de maneira gratuita para todolos aqueles que desexen asistir. Estas pódense obter na Casa do Concello de Vilariño dos días 24 ao 28, en horario de oficina.