I Ruta de motos e quads Turístico-Cultural

Para o día 29 de Outubro o Concello de Vilariño de Conso organizou xunto con Centaventura, concesionario oficial de Polaris da provincia de Ourense, una ruta para motos e quads polo noso entorno.

I Ruta de motos e quads Turístico-Cultural

Esta ruta abrangue aproximadamente 70km e dará comezo as 10:00h dende a praza do Concello en Vilariño. A continuación pasarase polos pobos de Soutelo, Soutogrande, Sabuguido, Edrada, San Mamede ata chegar a Pradoalbar, onde se lle dará un bocadillo a cada participante. Continuarase pola serra de Pradoalbar chegando así o Encoro do Cenza para posteriormente baixar ata o Encoro do Bao pasando por Mormentelos para volver de novo a Vilariño, aproximadamente as 15:00h para xantar no Marcolongo. 

Rematado o Xantar (calculase sobre as 17:30h) os participantes poderán visitar o museo Etnográfico e o Centro de Interpretación dos Cogumelos.

As 20:30h haberá unha cea popular e festa cun DJ aberto a tódolos públicos.

Para inscribirte ou recibir máis información podes achegarte ao Concello ou a Celtaventura, ou chamar por teléfono ao 988340302 ou a 988340090, respectivamente.

O prazo de inscrición remata o venres, 26 de Outubro do 2016, hai 50 prazas limitadas que irán por orde de anotación. A inscrición terá un custo de 30,00€/persoa.

A cea popular ademais poderán asistir todas aquelas persoas que o desexen sen previa reserva polo importe de 5,00€

Anímate e ven a desfrutar dun día diferente!