Andaina o Invernadoiro ó 1 de Outubro do 2016

O vindeiro 1 de Outubro o Concello de Vilariño de Conso esta a organizar a I Andaina o Invernadoiro.

A visita será dun día de duración con saída ás 9 da mañá e regreso ás 18 horas da tarde. O transporte que se utilizará será dun autobús de 50 prazas e comezarase o percorrido na Ribeira Grande e iremos ata a Ribeira Pequena, aproximadamente uns 10 km.

Cartel Andaina ó InvernadoiroAs rutas de sendeirismo que se realiazarán para coñecer a flora e a fauna do lugar serán guiadas por un monitor do parque natural.

O grupo será como máximo de 50 persoas e hai que se inscribir de forma presencial na casa no Concello. As prazas adxudicaranse según orde de insrpción e con preferencia a aquelas persoas que sexan do Concello. 

O custo da praza para a Visita o Parque Natural do Invernadoiro será de 5€/persoa e entregarase a cada participante como avituallamento unha mochila con froita e auga.

O xantar consiste unha comida campestre onde cada un dos/das participantes deberá levar a súa comida.