Axudas para rehabilitar vivendas de alugueiro

 

O vindeiro mércores, 20 de Abril de 2016 pola maña un arquitecto estara no Concello de Vilariño de Conso para orientar a tódalas persoas que estean interesadas na subvención do Programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

Estas axudas están destinadas a subvencionar a realización de actuacións de rehabilitación que consisten na execución de obras e traballos de mantemento e intervención nas instalacións fixas e no equipamento propio, así como nos elementos e espazos privativos comúns dos edificios de tipoloxía residencial colectiva

Pode consultar as bases premendo aquí.