O PAI (Punto de Atención a Infancia) do Concello é un dos alicerces para a conciliación da vida familiar e laboral dos nosos veciños e veciñas, este servizo nace da necesidade do coidado e o aprendizaxe que necesitan os máis pequenos da casa non só cando ambos os pais traballan senón que tamén lles axuda a desenvolver as necesidades de atención, estimulo e socialización que necesitan os nenos nos seus primeiros anos de vida.
 
En vista de todo isto no ano 2007 comezamos a construción deste local moi amplo é acolledor onde os/as nenos/as teñen onde corre e xogar. Estas boas instalacións e o trato excepcional cos usuarios e usuarias e fan que sexa un dos servizos mellor valorados.... É un desafío para un Concello pequeno como é Vilariño de Conso poder manter un centro destas características que oferta un servizo de vital importancia para os nosos veciños e veciñas.
 
Este é un servizo diúrno de titularidade municipal cunha función social e educativa destinado a nenos e nenas entre 3 meses e 3 anos. Dispoñemos de 20 prazas, unha reservada para servizos sociais, e de 2 monitores para o seu coidado. O horario do mesmo é de luns a venres de 8:30h a 15:30h.

 

Colabora: