DSC00683
Vilariño de Conso
, con 200,09 Km2, é un dos Concellos máis grandes da provincia de Ourense, Situado  no Surleste da provincia no derrame oriental das serras de Manzaneda Queixa e dos Montes do Invernadeiro. Distribuese en 10 parroquias e dezaseis pobos

A altitude vai dende os 630 ata os mais de 1.500 msnm. Polo noso territorio discorren os Rios Camba, Conso e Cenza, e unha cantidade innumerables de pequenos regatos o que fai que no Concello teña unha grandisima importancia a abundancia de auga, esté feito e aproveitado polos Empresas Hidroelectricas que teñen instaladas duas Centrais Electricas e construidos cinco Embalses, sendo o das  Portas o Segundo mais grande de Galicia, e o segundo tamén de Europa polo cauce máis limpo. O de Cenza situado na Cota 1345 e un dos de maior altitude de España.

Debido os grandes desniveles existentes formanse impresionantes Fervenzas como a Ola do Cenza, cunha caida vertical de 105 metros é a mais alta de Galiza, pero tamén están as de Suacenza, Galianda, Dona Loba, Cenza de San Mamede etc. que fan dos amantes da auga,  da pesca e do barranquismo un autentico paradiso.

Situados na rexión bioxeográfica Eurosiberiana de transición ca mediterranea condiciona de xeito importante tanto o clima como a vexetación, coexistindo unha grande variedade de especies de grande interés como é  o serbal dos cazadores, o teixo, endrino, acivro, arandeiras etc, son moi abundantes os soutos de Castiñeiros  que teñen unha gran importancia para a economía local  ó producir gran cantidade deste frutos. Para mostra desta árbore está o “ Castiñerio da Corredoira “ o 2ª de máis diámetro de Galiza.

Asemade o frio do cuaternario configurou o Val Glaciar do Cenza, un dos máis importantes de Europa, así como  as Morrenas de Chaguazoso, paisaxes graníticos de grandes bolos, dignos de visitar. É abundante a  fauna de Cervos Xabaríns, Corzos, Cabra Montés, Rebecos, Lobo, e tamén  coellos, lebre, perdiz, urogallo etc, o que fai destas terras un lugar moi bo tanto para a caza maior como menor.

Dos vestigios dos antiguos pobladores quedan os restos de castros en Pradoalbar, Entrecinsa e Sabuguido así como os Sarcófagos de pedra en  San Mamede.  De épocas posteriores quedan os restos da Calzada Romana, Via Secundaria da  Via Nova, pola que estos pobos sacaban o Ouro, e na que está o Pontón Romano declarado Ben de Interés Cultural, e o Castelo de Cerveira antiguo  campamento militar romano.

De épocas máis recentes son o Pazo de Conso e Entrecinsa, e a Casa Grande de Mormentelos, tamén iglesias en varios pobos, destacando a de Sabuguido.

Merecida soa leva a gastronomía destas terras, destacando as troitas e anguias do Rio Cenza e Conso, así como chourizos androllas xamóns e as carnes de vacún, tamén os cordeiros e cabritos, merecedor este último dunha festa de exhaltación que coincide co domingo de entroido, no  que despois dos desfiles de fulions e boteiros dun dos “ entrudios “ máis enxebres e ancestrales da provincia, se da boa conta de máis de dous mil quilos deste apreciado  manxar, no que tamén se comen chourizos, e de postre non podia faltar a Bica e o Montonico de Vilariño