A Banda de Gaitas do Concello de Vilariño de Conso traballa co obxetivo de seguir fomentando a nosa cultura tanto na contorna como no exterior, e levar o nome de Vilariño de Conso con orgullo alá por onde fai soar as gaitas, bombos, pandeiretas, timbais e tambores.

Este colectivo, formado hai máis de 25 anos, exerce unha importante e profunda labor social e cultural. Xente de tódalas idades convive nun núcleo musical san e vivo, que lonxe de decaer está medrando ano tras ano. Cada día son máis persoas as que se achegan ata Vilariño a desfrutar do traballo deste grupo, e cada día son máis os que coñecen este concello a través da música e da cultura.

Son nenos e nenas, adultos, incluso xubilados, os que non perden a ilusión de toca-los instrumento máis identifícatevos do noso país, e se reúnen semana tras semana nas clases e ensaios do grupo seguir mellorando cada día e gozar deste actividade necesaria, como outras ou se cabe máis, nunha zona rural como a nosa, potenciando os valores da integración e a sociabilidade que tanto ben lle fan á nosa sociedade.

No pasado ano 2016, ademais de animar as festas locais das aldeas do concello como leva ocorrendo no último lustro, participaron en distintos certames nacionais e internacionais, como a “Procesion das Hermanas Huérfanas” en Santiago de Compostela, o “Desfile Internacional da Nossa Senhora dos Remédios” en Lamego(Portugal) ou o I Campionato Celtibérico Infantil, onde acadaron o 2º posto na 1ª categoría, tralas fases celebradas en Quiroga, Ribadavia e Manzaneda.

Nalgunha destas ocasións a Banda de Gaitas do Concello de Vilariño de Conso colaborou musicalmente co noso Fulión, realizando actuacións conxuntas entre gaiteiros, boteiros e bombeiros, mesturando dous xeitos de facer tradición ben distintos pero que resultaron facer unha conxugación espléndida.

 

Colabora: