Rey Varela reúnese co alcalde e a tenente de alcalde de Vilariño de Conso

Un dos momentos da reunión

O Concello de Vilariño de Conso vén de abrir novas vías de colaboración coa Consellería de Política Social co obxecto de mellorar as infraestruturas sociais coas que conta o municipio ourensán. Así se acordaba na reunión que mantiña o 5 de abril en Santiago o conselleiro, José Manuel Rey Varela, co alcalde de Vilariño de Conso, Ventura Sierra, e coa tenente de alcalde deste concello, Melisa Macía.

En concreto na reunión abordábase a finalización da residencia da terceira idade que proxecta abrir a administración local e, neste senso, Rey Varela comprometeu o apoio en labores de asesoramento do departamento que dirixe. Así mesmo, valoraron a posibilidade de incrementar o número de horas do Servizo de Axuda no Fogar ata acadar o 100% da ratio de atención, segundo se informa dende a Consellería de Política Social.

170206 ENTROIDO

 

ENTROIDO 2019